Concello da Coruña

Concello da Coruña

DAVID SAFIER- Libros en directo

O ciclo "Libros en directo" continúa a súa terceira temporada con David Safier para contarnos (en directo) todos os detalles do seu novo libro "28 días" que acaba de publicar a Editorial Seix Barral.

Cando:

03/12/2014, de 20:00 a 22:00

Este evento xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

David Safier naceu en Bremen en 1966. Deuse a coñecer como guionista de series de televisión de éxito como Mein Leben und Ich ("Mi vida y yo"), Nikola y Berlin, Berlin. Foi galardoado co Premio Grimme e o Premio TV en Alemaña, e cun Emmy en Estados Unidos. Vive e traballa en Bremen.

Maldito karma (Seix Barral, 2009), a súa primeira novela, foi un éxito internacional en todo o mundo e leva máis de trinta edicións en español. Jesús me quiere (Seix Barral, 2010) e Yo, mi, me... contigo (Seix Barral, 2011) confirmárono como un dos autores máis divertidos e alentadores do panorama literario actual.

O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión