Concello da Coruña

Concello da Coruña

Despertares - Desde lo invisible

Despertares - Desde lo invisible - Charla coloquio

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/07/2018

Xa rematou

Horario:

Despertares: 19.30 h

Desde lo invisible: 20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada de balde ate completar a capacidade

Despertares, espectáculo de teatro inclusivo con 18 actores con e sen diversidade funcional.

Un proceso de creación colectiva realizado durante tres meses de ensaio cos alumnos do taller de La Quinta del Arte.

Duración: 40 min aprox

Descanso de 10 min

Desde lo Invisible

Premio MAX ao Espectáculo Revelación 2008

Colaxe de escenas que viran en torno ao mundo das persoas con diver­sidade. Unha embarazada que non sabe se o seu neno ten unha discapacidade, unha moza que non acepta que o martes non se vaia á piscina, outra no seu primeiro día de traballo, unha irmá que pide un futuro sen ataduras... Mozas e mozos di­ferentes, monitores, familias, veciños, coñecidos, descoñecidos... Todos mostrarannos a verdade dunha realidade moi afastada da maioría de nós. Risa, emoción, humanidade e poesía irán fluíndo nunha experiencia teatral que tomará ao espec­tador como cómplice, observador, protagonista e interlocutor dunhas vidas que merecen ser conta­das. Unhas vidas que merecen ser vividas.

Duración: 1 h 15 min

Charla coloquio co público para poder realizar a inclusión tamén co espectador  poder retroalimentarnos da experiencia.

Duración: 20 min.

DESDE O INVISIBLE xorde como un proxecto de investi­gación sobre os discapacitados intelectuais. Durante varios meses, as actrices compartiron experiencias con mozos discapacitados nun centro ocupacional de Madrid. Por mor desas experiencias, sumadas ás dos dramaturgos e o director, foron creándose os distintos personaxes e situacións que hoxe constitúen un todo teatral. É unha obra feita con e desde o corazón. Que­riamos abrir unha xanela a un mundo particular, nin mellor nin peor, só diferente. Sen dar cabida á com­paixón ou ao xuízo. Abrindo o concepto de intelixencia e cuestionando onde están os límites do normal e o belo. Iso é Desde o invisible: abrir portas, derrubar barreiras; poder chegar a través doutros ollos. Os seus ollos.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión