Actuación teatral da man de Laura Sarasola e Juan Rodríguez.
Crianzas de 1 a 3 anos
A partir das 10.00 h do día 12 até o 17 de setembro, terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o martes 17 de setembro ás 10.00 h.
Familias
21/09/2019
Xa rematou
Dende o 12/09/2019 ata o 20/09/2019
A partir das 10.00 h do día 12 até o 17 de setembro, terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o martes 17 de setembro ás 10.00 h.
Haberá dúas sesións desta actividade nas seguintes horas:
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Se unha vez que reservastes a praza non podedes asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade.
É necesario coller entrada só para a crianza co seu nome, a súa data de nacemento e un correo de contacto. Deberá ir acompañada de dúas persoas adultas responsables como máximo.
A nosa casa naceu nunha aldea que agora é unha cidade. Aí está, rodeada doutras. É de madeira, ten xardín e dálle moito o sol. Antes non tiñamos nin veciñas nin veciños pero pouco a pouco foron chegando... No verán, se vai moita calor, ou no inverno, se vai moito frío, o mellor sitio onde estar é... na casa!
Haberá dúas sesións desta actuación, que se desenvolverá no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Idades recomendadas: 1-3 anos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible