Concello da Coruña

Concello da Coruña

Eloy Tizón- Libros en directo

O ciclo "Libros en directo" recibe o autor madrileño Eloy Tizón para a presentación do seu libro de relatos "Técnicas de iluminación" e realizará un taller de relato os días 22 e 23 de abril.

Cando:

21/04/2014, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

Técnicas de iluminación (Páginas de Espuma, 2013). Nestes relatos hai un reverso de sombra, un vértice de silencio, algo que non se nomea directamente pero que é unha invitación ao lector para que se mergulle e participe na construción do sentido. Para que interveña na estraña normalidade destes dez soños, e poida atopar un pouco de claridade ou un lapiseiro contra a desdita. Páxinas que respladecen con luz propia.

Eloy Tizón (Madrid, 1964) publicou, entre outros, as novelas Seda salvaje, Labia, La voz cantante e os libros de relatos Velocidad de los jardines e Parpadeos.

O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.

Os próximos autores que participarán no ciclo Libros en directo son: Lola López Mondéjar, o 21 de maio.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión