Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival A Galiza coral. Concerto de Cantares do Brión, de Gondomar.

Con epicentro en Vincios (Gondomar-Pontevedra) e cunha área de influencia que abrangue o resto do Miñor, a Terra do Fragoso, o Condado e máis alá, Cantares do Brión leva 15 anos congregando coristas de todas as idades, condición e coñecementos musicais para dar vida á música tradicional galega, sexa esta popular ou de autor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/09/2025

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde 

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Ten os seus inicios a finais do ano 2008 cando un grupo de persoas aposta pola creación dunha formación coral ao estilo dos coros galegos xurdidos cen anos antes; a idea comeza a coller forma a comezos do ano2009 cos primeiros ensaios e o arranxo das primeiras pezas, baixo a dirección musical do vinciés Pablo Rial Salgueiro. É no ano 2010 cando se constitúe definitivamente cas características que ten hoxe en día. Sendo en xaneiro do 2011 cando fai, a presentación oficial, que contou co apadriñamento do histórico coro coruñés Cántigas da Terra.

Alalás, foliadas, muiñeiras, xotas, pandeiradas e maneos conforman o groso das pezas interpretadas, recollidas fielmente da tradición ou tamén de nova composición, onde os poemas dos escritores e escritoras da nosa terra énchense de musicalidade, enriquecendo deste xeito o seu repertorio.

Cantares do Brión conta con dous traballos publicados, "Arruídos", no ano 2014 e "A Raís" no ano 2018.e outro "Unha Lingua para amar"(cheo de poesía) do que está a facer a presentación neste 2025 celebrando os seus 15 anos de vida.

Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora", este concerto é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión