Concello da Coruña

Concello da Coruña

LIBROS EN DIRECTO OUTONO 2014

José María Merino, Jorge Volpi e David Safier na nova edición de Libros en directo.

Cando:

Os días 20/11/2014 ás 20:00 , 03/12/2014 ás 20:00 , 16/12/2014 ás 20:00 , 22/10/2014 ás 20:00

Este evento xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina o ciclo Libros en directo, unha serie de encontros con autores de recoñecido prestixio que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes.

Unha cita mensual, que servirá para que o público se achegue ao Centro Ágora para escoitar de boca dos propios autores: o académico coruñés, Jose María Merino, o mexicano Jorge Volpi e o alemán David Safier como foi o proceso de xestación do seu último libro, facendo un breve repaso da súa traxectoria e importancia no panorama literario español.

Programación:

  • 22 de outubro do 2014, La trama oculta de José María Merino (Ed. Páginas de Espuma)
  • 20 de novembro do 2014, Memorial del engaño de Jorge Volpi (Ed. Alfaguara)
  • 3 de decembro do 2014, 28 días de David Safier (Ed. Seix Barral)
  • 16 de decembro do 2014, Especial Nadal. Autor por confirmar.
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión