Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos 2019

Poetas di(n) versos para o primeiro trimestre do ano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/01/2019 ata o 18/03/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Organiza:

Concellaría de Culturas da Coruña

Mes a mes de maneira ininterrompida, a programación poética do Concello da Coruña continúa a reunir no Centro Ágora o mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo e encara agora o primeiro trimestre de recitais.

Patrocinado pola Concellaría de Culturas da Coruña, POETAS DI(N)VERSOS é un proxecto creado pola tamén poeta e xestora cultural compostelano-coruñesa Yolanda Castaño, que o coordina dende 2009. Os actos, de arredor dunha hora de duración, son sempre abertos e gratuítos para todo o público interesado, e mostran canto pode comunicar a poesía contemporánea.

POETAS DI(N)VERSOS segue constituíndo a maior cita poética regular de todo o Estado español, e mereceu en 2014 o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Luns 14 de xaneiro

VALTER HUGO MÃE

MIGUEL-ANXO MURADO

Un en portugués e o outro en galego, estes dous cosmopolitas e afoutos polígrafos son dúas raras avis rebosantes de personalidade e pensamento orixinal.

Luns 25 de febreiro

VERA DUARTE

LUCÍA NOVAS

As sutís relacións entre o elemento humano e a natureza son poetizadas con mestría por esta bueuense e por unha das máis destacadas autoras de Cabo Verde.

Luns 18 de marzo

ANDREW McMILLAN

GONZALO HERMO

A construción da masculinidade gaña en capas e matices tanto a través da revelación escocesa coma do primeiro galego Premio Nacional de Poesía Joven.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión