Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas dinversos: Olvido García-Valdés e Genaro da Silva

Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

13/12/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar capacidade.

Horario:

20.00 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#Poetasdinversos

Contacto:

Documentos:

Folla informativa (375 KB)

O ciclo de poesía do Concello da Coruña -fundado e dirixido pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño- encara unha nova cita mensual. 

Nesta ocasión, a asturiana Premio Nacional e Premio Iberoamericano Pablo Neruda 2021, Olvido García-Valdés, dase a man cun dos poetas galegos máis deslumbrantes do ano, Genaro da Silva.

Ambos poetas recitarán os seus textos a partir das 20.00 h no Auditorio do Centro Ágora, nun acto de arredor dunha hora de duración, totalmente aberto e gratuíto. O encontro será retransmitido tamén en streaming e poderá seguirse na canle de Youtube do ciclo.

Unha libraría de proximidade achegará ao público interesado os títulos dos convidados no caso do interese en solicitar as súas sinaturas

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión