Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de escritura "Corríxense soños"

Dentro do ciclo "Libros en directo", e para celebrar o Día do Libro do 2014, a Concellería de Cultura convida a participar a todas aquelas persoas que estean interesadas en mellorar a súa forma de escribir no TALLER DE ESCRITURA "CORRÍXENSE SOÑOS" de Eloy Tizón.

Cando:

Os días 22/04/2014 ás 18:00 , 23/04/2014 ás 18:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 31/03/2014 ata o 11/04/2014

Horario:

De 18.00 a 20.00 horas.

Duración:

4 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Inscrición gratuíta.

Requisitos:

15 prazas.

Inscrición: Para participar é imprescindible cubrir o formulario que figura na páxina web http://polisemias.com/2014/03/29/taller-se-corrigen-suenos-con-eloy-tizon/ proporcionando o conto (extensión máxima de 3 páxinas escritas a dobre espazo con tamaño de letra Times News Roman 12 puntos) que che gustaría que Eloy Tizón corrixise durante a segunda sesión do taller de escritura.

Selección das persoas participantes: O criterio de selección das persoas participantes será a calidade do texto enviado.

A lista dos participantes darase a coñecer o luns 21 de abril despois da participación de Eloy Tizón no ciclo "Libros en directo" con motivo da publicación do seu libro Técnicas de iluminación (Páginas de Espuma, 2014).

Organiza:

Polisemias

Obxectivo: Ofrecerlles aos participantes algunhas ferramentas críticas que poidan resultarlles de utilidade no seu traballo creativo.

Descrición do taller:

A primeira sesión tratará principalmente sobre a corrección de relatos. Eloy Tizón explicará os criterios para seguir na corrección dun relato. Qué aspectos convén ter en conta e cales contribúen a mellorar os nosos textos: comezos, finais, orde, elipses, etc.

A segunda sesión consistirá na aplicación práctica do visto na primeira sesión nos textos (extensión máxima de 3 páxinas) que acheguen as persoas participantes ao taller.

Será necesario traer copia en papel para o profesor e o resto dos participantes para, desta forma, poder debater sobre os aspectos nos que se acertou ou sexan susceptible de mellora.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión