Concello da Coruña

Concello da Coruña

Advocate, de Rachel Lea Jones e Philippe Bellaiche

Debido ás novas restricións decretadas pola Xunta o documental "Advocate", de Rachel Lea Jones e Philippe Bellaiche, cambia de data e programarase o día 23 de febreiro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/02/2021

Xa rematou

Estado do evento:

Cambio de hora o fecha

Horario:

20.00 h

Agradécese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá o acceso.

Duración:

108 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Xudía e avogada, Lea Tsemel é un terremoto da avogacía en Israel. Especializada na defensa de prisioneiros políticos palestinos.

Traidora, avogada do diaño... Á letrada xudía Lea Tsemel chamáronlle de todas as formas posibles.

Está especializada na defensa de prisioneiros políticos palestinos e non ten pelos na lingua cos seus compañeiros de profesión. Acepta os retos máis difíciles, como o de representar a acusados palestinos que cometeron, presuntamente, delitos de terrorismo ou crimes contra cidadáns israelís, baixo a convicción de que a represión que sofre Palestina xustifica a súa loita pola liberación da súa terra.

Un seguimento exhaustivo durante a preparación das defensas de dous casos concretos, -o de Ahmad, un neno de 13 anos acusado de participar nun apuñalamento dun mozo israelí e o de Israa Jaabis, acusada polos oficiais israelís dun intento frustrado de atentado suicida-, achéganos á inclasificable e excepcional personalidade da protagonista. Defensora dos dereitos humanos e cunha enerxía inesgotable, leva máis de cinco décadas denunciando o estado de ocupación e represión que sofre a cidadanía palestina e, á vez, tentando facerlle entender á opinión pública que o Goberno de Israel é responsable desta violencia.

A historia dun terremoto no gremio da avogacía en Israel, desde onde Lea Tsemel nos envía un rogo e unha mensaxe poderosa: "Deberedes tentar comprenderme porque son o futuro".

2019

Israel, Canadá e Suíza

Hebreo, árabe e inglés

Subtítulos: catalán, español e inglés

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662 867 109

Venda no despacho de billetes do Centro Ágora: desde unha hora antes sempre que queden localidades dispoñibles.

Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h e de 18.00 h e os venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos)

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión