Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena 2022: BOLA de L´Horta Teatre

Teatro con obxectos, en castelán.

A quen vai dirixido?:

Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3 anos.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

22/05/2022

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Duración:

35 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Capacidade reducida.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

Entre os 0 e os 3 anos aprendemos o que é esencial para nosa futura autonomía, temos moito traballo por facer: temos que relacionarnos cos outros, co espazo e cos obxectos. BÓLA trata da xeometría do espazo, da forma das cousas que nos rodean.

O xogo é o noso punto de partida. Como inspiración, os xogos de construción que ben coñece o noso pequeno público. Forma, cor e luz son os principais apeiros desta creación.

Glòria e Pau serán Bóla e Cubo, non se coñecen, non saben nada un do outro, pero terán que convivir no mesmo espazo. Xuntos descubrirán a diferenza e ante eles aparecerán infinitas posibilidades de xogo.

Intérpretes: Glòria Román e Pau Blanco

Creación e Dirección: Kika Garcelán

Espazo sonoro: David Alarcón.

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.

  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión