Un espectáculo de Os Náufragos teatro sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade).
Todos os públicos (a partir de 4 anos)
Familias
27/09/2024
Xa rematou
19.00 h
40 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 €
- Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas.
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao auditorio.
CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA
Urdime
A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construír ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada... e facer un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen lle chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).
Bulebule é unha obra que explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Elenco: Irene Lorenzo e Jimmy Núñez
Música: Daniel Valentín
Espazo escénico: Claudia L. Franco
Espazo e iluminación: Daniel Pais
Axudantía de dirección: Rebeca Vecino
Axudantía de produción: Antonio Vázquez
Asesoría dramática: Verónica Rego
Dramaturxia e dirección: Gustavo del Río
Distribúe: Urdime
VENDA DE ENTRADAS:
- Pza. de Ourense, de luns a venres (agás festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
- Taquilla do Centro Ágora: día de función, dende unha hora antes, sempre e cando queden localidades dispoñibles.
- Venda en liña: www.ataquilla.com.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible