Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 3 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón e desafía calquera perigo marítimo ou terrestre.
Mediante o teatro de obxectos, a actriz e psicopedagoga Iria Pinheiro conta unha historia na que se entrelazan as aventuras con valores e ánimo de superación que fomentan a igualdade entre nenas e nenos.
A actividade desenvolverase nunha aula do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.
Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos.
Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.
Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible