Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Catro[4”]segundos", de Compañía Io

PREMIO FETEGA 2019. A peza que fala de risco, de vida e de autocoñecemento a través das linguaxes da danza e a acrobacia.

A quen vai dirixido?:

Para todos os públicos, a partir de 6 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/10/2022

Xa rematou

Horario:

20:00h 

Duración:

55 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 9,00€ (persoas desempregadas, carné xove e +65 anos: 7,00 €) e abono 3: 21,00 €.

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo

Organiza:

IMCE

Documentos:

TRIPTICO-ILUSIOOOH!N-2022.pdf (1 MB)

Catro segundos foi o tempo que lle levou a esa morea de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segurndos que, desta volta, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluíuse para deixar paso a un corpo áxil e resolutor. Esta peza fala de accidentes, de risco, de vida e do autocoñecemento. Catro segundos lémbranos o animal que levamos dentro, ese animal que en ocasións pode chegar a salvarnos a vida.

Sobre o escenario e no medio dunha néboa densa aparécensenos dúas figuras humanas. Ela tumbada sobre el, no chan. Pouco a pouco ambos recuperan a súa vitalidade e con ela aparece o movemento. Non obstante hai algo estraño nas súas miradas. Xa nunca volverán ser os mesmos. Acaban de vivir sen dúbida unha experiencia transcendental que lles cambiará a vida.

FICHA ARTÍSTICA

Intérpretes: Beatriz Rubio, Javier Lemus e Álvaro Reboredo

Dirección: Álvaro Reboredo "Fitinho"

Autoría: Maximiliano Sanford. Cía iO coa colaboración mirada externa Cía N+1

Escenografía: Beatriz Rubio

Vestiario: Atelier Efímero

Música: Javier Lemus

Iluminación: Javier Quintana

Son: Javier Lemus

VENDA DE ENTRADAS:

  • WEB: www.ataquilla.com
  • Despacho de entradas da praza de Ourense (agás festivos): de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h.
  • Despacho de entradas do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión