Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Ilusiooóh!n "Esencial"

ESENCIAL é un espectáculo que fala de transicións.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/11/2021

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné novo, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 21,00 euros

Requisitos:

ou Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.ou Se evitarán aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.ou En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:· Usar máscara de forma obrigatoria· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada• É necesario puntualidade

RECOMÉNDASE:Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.Actuar con responsabilidade.

Cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras que nos levará a lugares recónditos nos que a decisión vital será tomar o camiño máis simple.

Este novo espectáculo de Vaivén Circo preséntase cunha posta en escena inspirada no «Arco da vella de Waldorf», un xoguete composto por alicerces e arcos que propician unha espectacular escenografía. Estamos ante unha arquitectura cambiante e capaz de reinventarse, como o propio ser humano fai na procura de suprogreso. Unha escenografía con tinguiduras poéticas, idónea para crear un ambiente máxico no que traballar co equilibrio, con sutís diferenzas que poden propiciar que se pase do caos á harmonía nuns segundos.

Queremos escapar do colapso que sofre o ser humano cando se atopa ante situacións desordenadas, que non comprende. Neses momentos ante os que non sabemos atopar explicacións, e lonxe de engadir máis complexidade, tentamos buscar o esencial. Agarrámonos ao ideal de beleza e sinxeleza como inspiración primigenia á hora de abordar a estética do espectáculo. Menos é máis.

Nesta ocasión Miguel Moreno "Birlo" Premio Nacional de Circo 2016, conta con Javier Parra na dirección, e a colaboración na posta en escena de Jokin Oregi, Premio Nacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade 2018 coa súa compañía Marie de Jongh.

IDEA ORIXINAL

Vaivén Circo

INTERPRETES:

Manolo Carambolas Chema Martín. Irene de Paz. Raquel Pretel/Celia Sako/Rebeca Carreira Miguel Moreno, «Birlo».

DIRECCIÓN:

Vaivén Circo e Javi Parra

COLABORACIÓN NA CREACIÓN:

Jokin Oregi. Premio Nacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade 2018. Director e fundador da compañía Marie de Jongh.

COMPOSICIÓN MUSICAL:

Daniel Maldonado, «Sam»

ESCENOGRAFÍA

Vaivén Circo Pepe do Piñeiro Raúl Ruiz, «o Neno das Pinturas»

VESTIARIO

Juan Prohibido

DESEÑO DE LUCES

Juan Carlos Tamajón

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes Central Praza de Ourense: De luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Centro Ágora: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden localidades dispoñibles)
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión