Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Ilusiooóh!n "O Gran Final"

"O Gran Final" é unha traxicomedia que basea a súa esencia no reencontro de dous pallasos, os cales tiveron que separarse hai moitos anos a consecuencia do estalido dunha guerra civil.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/12/2021

Este evento xa rematou

Horario:

20:00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné novo, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 21,00 euros

Requisitos:

ou Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.ou Se evitarán aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.ou En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:· Usar máscara de forma obrigatoria· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada• É necesario puntualidade

RECOMÉNDASE:Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.Actuar con responsabilidade.

Esta guerra interrómpelles ultímaa función xusto antes do seu gran acto final. O conflito, obrígaos a tomar camiños separados e non ter nunca máis contacto o un co outro.

É agora, despois de máis de 30 anos, infinitas pasos, unha loita diaria e constante pola supervivencia, e un corpo envellecido, cando se reencontran e deciden terminar o seu "Gran Final".

Unha homenaxe a un dos oficios máis bonitos e xenerosos do mundo. O oficio de ser pallaso. Sentir, para crear un diálogo co espectador desde as emocións, onde sobran as palabras. Un imaxinario colectivo que pallasos de todos os tempos deixáronnos na memoria.

[COPRODUCIÓN co Festival Internacional de Pallasos de Cornellà 2018 - Director: Jordi Juanet "Boni"]

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes Central Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h / venres de 10:00 h a 15:00 h
  • Despacho de billetes Centro Ágora: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden localidades dispoñibles)
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión