Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Mónica al desnudo"

Tras o éxito da súa xira Renaissance tour, actualmente de xira por España e América, Mónica Naranjo volve á escena cunha xira moi especial en teatros e escenarios cunha capacidade máis reducida, para levar a cabo un show moi íntimo e totalmente interactivo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/02/2020

Xa rematou

Horario:

de 12:00 h a 18:30 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Organiza:

SR MONO PRODUCCIONES

Tras 25 anos de carreira nos que, entre outros fitos e récords, logrou vender máis de 10 millóns de discos e ser galardoada con 3 premios World Music Awards, Mónica Naranjo tráenos un evento único para unha artista do seu nivel, "Mónica al desnudo", un evento completamente interactivo no que o público poderá ter preto a artista, onde poderán escoitar de primeira man o que Mónica lles quere contar, onde poderán preguntar aquilo que sempre quixeron saber.

Ademais, imaxinas escoitar en directo un tema inédito de Mónica? Imaxinas que Mónica puidese admirar o teu talento para a música? Atreveríaste a cantar diante dela? En "Mónica al desnudo" todo é posible, un auténtico agasallo para fans e admiradoras/es da súa voz.

Sendo unha das artistas máis importantes e polifacéticas do noso país, Mónica Naranjo é considerada unha das voces máis potentes do panorama musical actual grazas ao seu rango vocal inabarcable. Defínese a si mesma como unha intérprete lírica proveniente dunha formación clásica, aínda que na súa discografía atoparemos gran diversidade de estilos.

VOLVE MÓNICA, VOLVE A PANTERA... PERO, ESTA VEZ, "AL DESNUDO"!

NOTA IMPORTANTE:

Este evento será gravado para emisión do dito espectáculo, polo que a imaxe das persoas espectadoras podería aparecer de forma circunstancial. Neste sentido e ao adquirir a entrada para o espectáculo, o/a espectador/a cédelle gratuíta e expresamente a SR MONO PRODUCCIONES (Promotor do espectáculo) a titularidade de cantos dereitos de explotación puidesen corresponder pola aparición nas ditas gravacións, incluíndose a cesión dos dereitos de imaxe, para fixación en calquera tipoloxía de soporte, no ámbito mundial e durante o prazo de duración legal dos ditos dereitos.

Queda prohibido o uso non autorizado de equipos fotográficos ou de gravación. Poderanse destruír as cintas, películas ou arquivos informáticos multimedia obtidos. Prohíbese expresamente o uso de teléfonos móbiles, que sempre permanecerán baixo custodia da súa persoa propietaria, pero apagados.

Esta entrada emítese de acordo coas normas e regulacións do recinto e do promotor do evento. A infracción de calquera das devanditas normas e regulacións, ou calquera outro acto inaceptable que poida provocar dano, prexuízo ou agravio, daralle dereito ao recinto ou ao promotor do evento para expulsar a persoa usuaria do recinto.

PARA MERCAR ENTRADAS PIQUE AQUÍ

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión