Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Marco estatal. A Axenda Urbana Española

Logo da Axenda Urbana Española

En xuño de 2018 o Consello de Ministros do Goberno de España comprometeuse co desenvolvemento da Axenda 2030 no noso país e, como resultado, aprobouse o " Plan de Acción para a Implementación da Axenda 2030 en España " no que se define a Axenda Urbana Española como unha das súas "políticas panca".

En cumprimento de tal decisión política, o Ministerio de Fomento redactou a Axenda Urbana Española (AUE) que finalmente foi presentada no Consello de Ministros do 22 de febreiro de 2019.

Trátase dun documento de carácter estratéxico e non normativo que busca orientar o sentido das políticas urbanas sustentables con obxectivos sociais, ambientais e económicos.

Pretende ser un instrumento ao servizo de todas as administracións públicas no ámbito das súas respectivas competencias e principalmente dos concellos, para propiciar melloras nos ámbitos da normativa e a planificación, o financiamento, a gobernanza, o coñecemento, a transparencia e a participación.

+ INFORMACIÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión