Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Marco Estratéxico Internacional

Imaxe

En setembro de 2015 aprobouse a Axenda de Desenvolvemento 2030 e dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). En 2016 adoptáronse os contidos da Nova Axenda Urbana (NAU) durante a realización de Terceira Conferencia de Nacións Unidas sobre Vivenda e Desenvolvemento Urbano Sustentable (HABITAT III) realizada en Quito (Ecuador).

Coa aprobación destas dúas axendas de carácter universal, o conxunto da comunidade internacional enfrontámonos á posta en marcha dun Plan de acción a favor das persoas, do planeta, da prosperidade e da paz. O seu cumprimento é un reto para toda a sociedade, e en particular para todos os que temos responsabilidades políticas, convertendo a nova axenda urbana, enmarcada no obxectivo núm. 11 da Axenda de desenvolvemento 2030, nun documento orientado á acción que marcará as políticas públicas en materia de desenvolvemento urbano para os próximos 20 anos.

Complétase o marco estratéxico internacional co Pacto de Ámsterdam e o desenvolvemento dos partenariados que conforman o núcleo da Axenda Urbana para a Unión Europea, así como coa primeira Axenda Urbana euro-rexional que incide no noso ámbito xeográfico: a do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

As autoridades e gobernos locais teñen que afrontar o reto de contemplar os seus principios e valores traballando a prol dun cambio de paradigma urbano mediante a adopción dunha Nova Axenda Urbana para aplicar e desenvolver no ámbito local.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión