Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

A Axenda Urbana do Eixo Atlántico

Logo do Eixo Atlántico

A Axenda Urbana do Eixo Atlántico debe ser un instrumento de desenvolvemento rexional ao servizo do sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, sen esquecer que se trata de sentar as bases dunha reflexión, pois son as cidades as que deben tomar as súas propias decisións.

Esta axenda debe ser unha oportunidade para reflexionar sobre os erros e as carencias no ámbito local que contribuíron á actual crise, co obxectivo de superalos e comezar fortalecidos a etapa poscrise.

Debe ser, ademais, un instrumento para facer das cidades o espazo nuclear de crecemento intelixente, sustentable e integrador, dentro dun marco estratéxico xeneral europeo.

En definitiva, a Axenda Urbana do Eixo Atlántico debe ser o referente integrador do esforzo colectivo das cidades de Galicia e do Norte de Portugal, que lles permita liderar o crecemento intelixente, sustentable e integrador do futuro próximo, potenciando as plusvalías que representa o marco eurorrexional de cooperación entre as administracións públicas locais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión