Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Axenda 2030 e ODS

Logo dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable é un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade.

Ten por obxecto fortalecer a paz universal dentro dun concepto máis amplo da liberdade. O maior desafío a que se enfronta o mundo constitúe un requisito indispensable para o desenvolvemento sustentable, é a erradicación da pobreza en todas as súas formas e dimensións, incluída a pobreza extrema.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) son un chamamento universal á adopción de medidas para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade.

Estes 17 obxectivos, baseados nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, inclúen novas esferas como o cambio climático, a desigualdade económica, a innovación, o consumo sustentable e a paz e a xustiza, entre outras prioridades. Os obxectivos están interrelacionados, de forma que a clave do éxito dun involucrará as cuestións máis frecuentemente vinculadas con outro.

Os ODS implican un espírito de colaboración e pragmatismo para elixir as mellores opcións co fin de mellorar a vida, de maneira sustentable, para as xeracións futuras. Proporcionan orientacións e metas claras para a súa adopción por todos os países de conformidade coas súas propias prioridades e os desafíos ambientais do mundo en xeral. Os ODS son unha axenda inclusiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión