Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Nova Axenda Urbana Hábitat III

Logo da NAU

Foina Nueva Agenda Urbana (NAU) adoptada en 2016, na celebración da III Conferencia de Nacións Unidas sobre Vivenda e Desenvolvemento Urbano Sustentable (Habitat III), e é un documento que marcará as políticas públicas en materia de desenvolvemento urbano para os próximos 20 anos.

Aborda algún dos ODS da Axenda 2030, con especial dedicación ao ODS 11"Cidades e comunidades sustentables". Busca promover cidades máis incluyentes, compactas e conectadas mediante a planificación e o deseño urbano, a gobernanza, a lexislación urbana e un novo modelo de economía urbana.

A NAU incorpora principios e valores como:

  • asegurar que ninguén quede atrás
  • asegurar o desenvolvemento de economías urbanas sustentables e inclusivas
  • garantir a sustentabilidade do medio ambiente

Por estes motivos as autoridades e os gobernos locais deben traballar a prol dun cambio de paradigma urbano que:

  1. Reorientará a maneira de planificar, financiar, desenvolver, administrar e xestionar as cidades e os asentamentos humanos.
  2. Adoptará enfoques de desenvolvemento urbano e territorial sustentables e integrados centrados nas persoas, que teñan en conta a idade e o xénero.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión