Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Axenda Urbana Española

Imaxe

A Axenda Urbana Española (AUE) pretende ser un instrumento ao servizo de todas as administracións públicas no ámbito das súas respectivas competencias e principalmente dos concellos, para propiciar melloras nos ámbitos da normativa e a planificación, o financiamento, a gobernanza, o coñecemento, a transparencia e a participación.

Para a súa elaboración deseñouse un proceso de participación no que se conformaron cinco grupos de traballo cos actores clave para o desenvolvemento urbano: administracións públicas, sector privado, terceiro sector, a academia e a sociedade civil.

O documento inicial contou co apoio dun grupo de persoas expertas independentes e multidisciplinares. O proceso realmente participativo comezou o 27 de febreiro de 2018, coa presentación da versión 1.0 do documento ao grupo de traballo interministerial constituído para o efecto coas persoas representantes do grupo de traballo permanente da Axenda 2030. Todas as achegas e propostas recibidas tivo como resultado final a presentación da Axenda Urbana Española no Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019.

Ademais, todos os capítulos da versión completa pódelos consultar na sección de documentos técnicos desta mesma web.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión