Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Inicio
  • Como adherirme á axenda?

Como adherirme á axenda?

Imaxe

Neste apartado informaremos sobre as diferentes fórmulas de adhesión á Axenda Urbana.

Desde a aprobación da Axenda 2030, e por primeira vez na historia do sistema das Nacións Unidas, os gobernos locais están a entrar nas axendas globais sobre desenvolvemento.

Esa vontade xeneralizada dos gobernos locais de adherirse á Axenda 2030 podería deberse a que:

  • ofrece as bases dun modelo de desenvolvemento integral (a falta dalgúns temas) e global moi útil para afrontar os actuais e futuros retos urbanos e metropolitanos.
  • supón unha guía de desenvolvemento e unha linguaxe compartidas por todos os gobernos locais, con carácter universal. Dispoñer dunha axenda compartida entre todo tipo de gobernos locais pode dar forza ao movemento urbano e metropolitano, o que podería consolidar definitivamente a diplomacia de cidades.
  • podería facilitar a fixación de obxectivos para compartir co resto de niveis de goberno en cada estado. Os mecanismos de coordinación e goberno multinivel que se deberían poñer en marcha respecto diso poderían reforzar moito a actuación e a calidade da gobernanza pública.
  • os procesos de localización dos ODS supoñen verdadeiras oportunidades de aprendizaxe e práctica para unha política máis aberta e participativa, procesos de reflexión e debate que activan ou fortalecen os mecanismos de gobernanza local.
  • para outras cidades máis afeitas a procesos participativos, podería supoñer a realización de procesos de revisión profunda das políticas de desenvolvemento e de modelo de cidade. Sobre todo de revisión das políticas en dous eixos:
  1. Coherencia e revisión integral de todas as políticas e en base a todos os ODS.
  2. Transversalidade, revisando e garantindo a transversalidade dos obxectivos en todas as políticas locais tamén de cara ao futuro.

Desde esa perspectiva será sinxelo comprender que estamos ante unha tarefa compartida que se pode afrontar desde a adhesión e o compromiso cun Plan de acción local ou a través do exercicio do liderado dun plan de acción en clave ODS.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión