Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Un dos traballos de maior densidade realizado no marco da Axenda Urbana da Coruña e que se configura, ademais, como un dos seus apartados substanciais é a formulación dunha síntese conceptual do que consideremos modelo urbano sustentable, xunto co seu correspondente sistema de medición. Un tándem indisociable e innegociable para a nosa axenda.
Sinalamos que á beira do corpo teórico do que consideremos un urbanismo sustentable debemos sinalar, sen equívocos, cales son os obxectivos cuantificables que queremos alcanzar. É dicir, habémosnos/habémonos de comprometer coa determinación de metas concretas (en termos medibles) ou a Axenda será un desiderátum sen utilidade trasformadora algunha ou, no mellor dos casos, será un conxunto de proxectos inconexos a xestionar.
De forma moi resumida, para nós, o modelo urbano que mellor se axusta aos principios de eficiencia e habitabilidade urbana é a cidade compacta na súa morfoloxía, complexa na súa organización, eficiente metabólicamente e cohesionada socialmente. É o que poderiamos chamar urbanismo ecolóxico que adopta este modelo tanto na transformación de tecidos existentes como no deseño de novos desenvolvementos urbanos.
Neste apartado temos que agradecer a inmensa achega realizada pola Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona
DESCARGAS:
29 de decembro de 2020
La Opinión A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible