Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Avaliación do PAL

Imaxe

A avaliación é un proceso integral de observación, medida, análise e interpretación encamiñado ao coñecemento dunha intervención pública (norma, programa, plan ou política) que permite acadar un xuízo valorativo baseado en evidencias respecto do seu deseño, a súa posta en práctica, os seus resultados e os seus impactos.

Por outra banda, na nosa concepción, a rendición de contas acada o conxunto dos sistemas de xestión da carteira municipal de servizos.

Parte da premisa da existencia dun plan anual municipal de actuación no que o orzamento se formula como plan de acción do goberno municipal e se define en clave de desenvolvemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030.

Os obxectivos fundamentais céntranse en dar conta dos resultados e do desenvolvemento das políticas públicas baixo outra premisa certamente disruptiva: non todos os servizos son de competencia municipal, pero si de interese municipal e por iso están na axenda do goberno municipal. Non son da súa competencia, pero si da súa incumbencia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión