Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Como elaborar un PAL?

Imaxe

Tal e como demostran experiencias anteriores, como as Axendas 21 Locais ou as propias estratexias DUSI, cada Plan de acción que se elabore coa finalidade de implementar unha Axenda Urbana debe constituír, total ou parcialmente, unha verdadeira estratexia a longo prazo.

Non se trata por tanto de sumar proxectos e actuacións concretas e conxunturais, aínda que estas poidan complementar a aquela.

E tampouco se trata de aprobar meras declaracións de intencións, senón de estratexias que teñan como fin último a acción.

O enfoque integrado que persegue a axenda e as súas distintas dimensións (horizontal, territorial, vertical etc.) e a articulación de accións moi diversas (mobilidade, plan urbanístico, xestión ambiental etc.) fan deste proceso un asunto complexo no que a necesaria articulación de plans, accións e recursos cunha visión estratéxica serán a clave para lograr o desenvolvemento sustentable da cidade no seu conxunto.

Os plans de acción débenlles permitir a todos os axentes comprometidos coa Axenda Urbana levar a cabo o seu proceso de implementación, avaliación e seguimento. Dada a diversidade daqueles, tanto os posibles acordos de adhesión como os propios plans de acción serán moi diferentes, pero todos eles deberían identificar que decisións e accións poderán poñerse en marcha para contribuír ao desenvolvemento urbano sustentable nas cidades do futuro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión