Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Diagnóstico da área urbana

Imaxe

Pódense seguir estes pasos:

1 Identificación inicial de problemas / retos urbanos da área

Os problemas urbanos son aqueles obstáculos que conformarán os retos que as autoridades urbanas deben abordar para acadar un verdadeiro desenvolvemento urbano sustentable. Os problemas non só teñen en conta debilidades ou necesidades, senón tamén activos, recursos existentes e potencialidades. Poden ser xa identificados polas autoridades urbanas (a través de instrumentos como EDUSIs, plans estratéxicos, axendas 21, programas sectoriais de actuación, revisión das súas PXOM etc.).

2 Análise da conxunto da área urbana desde unha perspectiva integrada

Unha vez identificados os principais problemas urbanos, procede analizar as dimensións urbanas que afectan aos devanditos problemas, as relacións territoriais (funcións urbanas) e as escalas territoriais apropiadas. Abordaranse temáticas como:

  1. Análise física
  2. Análise ambiental e das condicións climáticas
  3. Análise enerxética
  4. Análise económica
  5. Análise demográfica
  6. Análise social
  7. Análise do contexto territorial
  8. Análise do marco competencial
  9. Análise dos instrumentos de planificación existentes
  10. Análise de riscos. A estratexia incorporará unha análise de riscos, na que, á vista da características da área urbana, se sinteticen os principais riscos que poden supoñer obstáculos ao normal desenvolvemento das medidas e accións encamiñadas a resolver os problemas identificados.

3 Diagnóstico da situación da área urbana. Definición de resultados esperados

4 Delimitación do ámbito ou ámbitos de actuación. O Plan de acción local permitirá a incorporación de ámbitos de xeografía variable en función dos diferentes vectores de estratexia para desenvolver.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión