Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Marco xeral do Plan de acción local

Imaxe

As principais tarefas para abordar serían:

1. Elaboración dunha matriz de elementos/criterios/principios/liñas de acción/indicadores incorporados nas diferentes axendas:

  • Axenda 2030 (ODS 11) e dimensións urbanas do resto dos ODS de Axenda 2030
  • Nova Axenda Urbana Hábitat III
  • Axenda Urbana para a UE
  • Axenda Urbana Española
  • Axenda Urbana do Eixo Atlántico

2. Diagnóstico e avaliación estratéxica da Coruña no que será preciso incorporar aspectos que preocupan singularmente as áreas urbanas. Poderíase pensar en asuntos como:

  • Os procesos de "xentrificación" e "ghuetización" urbanos e metropolitanos, que se vinculan cos procesos de expulsión de capas populares dos centros, e coa concentración de persoas vulnerables en barrios ou municipios metropolitanos. Ligado con este tema estaríase a cuestión da desertización dos centros urbanos. Ambos son aspectos básicos nun modelo de cidade sustentable.
  • Tres temas sociais clave na actualidade: a desigualdade educativa (clave na sociedade do coñecemento) e o illamento ou a soidade forzada (non voluntaria) das persoas (e non só das maiores) e o sobre-envellecemento poboacional.
  • Temas que teñen que ver coas "culturas": a necesidade de establecer unha estratexia sobre o desenvolvemento do noso substrato cultural e a multiculturalidae e a diversidade cultural, como elementos para vertebrar equilibradamente nas nosas sociedades urbanas.
  • Unha aposta pola visión integral do compoñente territorial: a defensa do concepto de xeografía variable respecto das estratexias (o vector de estratexia define o ámbito territorial e non ao revés) e a potenciación da articulación e a integración territorial desde un enfoque de estratéxica territorial (áreas metropolitanas/áreas funcionais urbanas etc.).

3. Definir o núcleo, a esencia do PAL da Axenda Urbana, isto é, xerar un novo instrumento de gobernanza territorial multinivel e multi-actor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión