Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Modelo de xestión relacional

Imaxe

Trátase de incorporar, dentro do Plan de Acción Local (PAL) e como un dos seus aspectos fundamentais, un modelo explícito de xestión relacional (concertación, cooperación, xestión de alianzas estratéxicas e interdependencias e participación), transparencia, datos abertos e avaliación de políticas públicas.

No caso da cidade da Coruña plasmaríase, fundamentalmente, a través de tres instrumentos:

  1. Articular, a través de protocolos de colaboración, a conformación de mesas multinivel e multi-actor con participación de:
  • AGE. Delegación do Goberno en Galicia xunto coa Autoridade Portuaria, ADIF e AENA, debido á nosa especificidade
  • Xunta de Galicia (Delegación Territorial na Coruña)
  • Deputación Provincial
  1. Incorporar ao GAU (Grupo de Acción Urbana, instrumento de participación e seguimento da estratexia DUSI da Coruña) as funcións de cooperación e colaboración multi-actor da axenda urbana en tanto non se desenvolve unha revisión do Regulamento orgánico de participación.
  2. Mesa de Alcaldes e Alcaldesa da Área Metropolitana da Coruña (AMAC), na que se abordan temáticas vinculadas á estratexia de construción metropolitana e a prestación de servizos de tal carácter (transporte, residuos, auga e saneamento, bordo litoral etc.), á Estratexia Metropolitana de Innovación, e o desenvolvemento do Plan Territorial Integrado (PTI), como axenda ordenada e pactada das prioridades de investimento da área metropolitana da Coruña.

O esquema básico sería o seguinte:

  • Funcionamento, en paralelo, de mesas institucionais e de mesas de coordinación técnica que lles achegan soporte técnico e de funcionamento.
  • Os grupos de traballo do GAU (Grupo de Acción Urbana de EidusCoruña) asumirán o enfoque do Plan de acción da axenda 2030, da Axenda Urbana Española e do Plan de acción local.
  • As mesas metropolitanas de traballo asumirán o enfoque do Plan de acción da Axenda 2030, da Axenda Urbana Española e do Plan de acción local.

Definir o modelo permite desenvolver a parte normativa de apoio de forma coordinada: regulamento de participación; regulamentación dos orzamentos participativos; ordenanza de transparencia, acceso e reutilización da información; regulamento do sistema de suxestións e reclamacións (SyR); regulamento orgánico municipal (para regular a participación cidadá nos plenos corporativos) etc.

Definir o modelo é a única maneira de lle mostrarmos á organización municipal cales son os obxectivos de participación e innovación democrática de orientala en conxunto cara á consecución de obxectivos que, necesariamente, demandan de complicidade de moitos departamentos municipais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión