Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Sistema de indicadores

Imaxe

Para a correcta execución da estratexia é necesario definir un sistema de indicadores urbanos que faciliten o seguimento e avaliación da estratexia, e que as entidades locais poidan cuantificar o seu grao de compromiso en relación con cada obxectivo a través do establecemento duns resultados para acadar no ámbito temporal de aplicación da axenda urbana.

Desde o punto de vista temporal, deberían marcarse dúas datas de referencia para cuantificar os resultados do proceso: 2023 e 2030. En ambos os casos, coincide co ano de peche dos períodos de programación de fondos EIE (2014-2020 e 2021-2027) e, no último caso, tamén se aliña co período marcado pola propia Axenda 2030 de Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sustentable.

A hipótese de partida baséase na necesidade de configurar un Sistema Básico de Indicadores de Desenvolvemento Urbano como ferramenta de pilotaxe do Plan de acción local e como instrumento de comparación entre áreas urbanas e cidades.

Propoñemos a configuración dun sistema de indicadores que conte coas seguintes características:

  • ten que estar interiorizado nas entidades locais (Bottom-Up)
  • ten que ser homologable e estandarizado (tipo Urban Audit)
  • ten que permitir medir ámbitos dos ODS da Axenda 2030 incorporados nas axendas ou plans de acción locais (orzamentos municipais e intervencións doutras administracións no ámbito local)
  • ten que permitir medir e integrarse no sistema de indicadores da axenda urbana para España (panel proposto)
  • ten que medir o comportamento das nosas cidades en relación cos seus propios obxectivos estratéxicos
  • ten que contemplar diferentes escenarios territoriais: xeografía variable (área metropolitana, distritos, barrios etc.).
  • ten que integrar o ámbito xénero: igualdade, diversidade
  • ten que integrarse cos cadros de mando (CdM) de xestión da cidade: mobilidade, xestión de activos, licenzas de actividade, usos bibliotecarios, suxestións e reclamacións etc.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión