Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Esquema xeral do PAL da Coruña

Imaxe

Tratouse de definir un esquema de contidos válido para A Coruña pero tamén válido para calquera outro contorno urbano. Entendemos que a "transferencia de coñecemento" é un elemento substancial e esencial da presente iniciativa. É por iso que o proceso de reflexión transitou dun "modelo xeral" á súa particularización na Coruña, tal e como o fariamos se o modelo se "importase"doutra parte do territorio de España, da UE ou doutra parte do planeta.

As ideas básicas ou premisas de partida son:

  • Dispoñeremos dun diagnóstico da área urbana e dun diagnóstico dinámico do conxunto do marco estratéxico vixente.
  • Dispoñeremos dun modelo de xestión relacional.
  • Dispoñeremos dun marco xeral que configure as liñas mestras do PAL que abra paso á política a través da priorización de actuacións e ás decisións de natureza orzamentaria. Desta forma, cada opción política concreta debuxará o seu Plan de goberno ou o seu Plan de mandato, priorizando unhas actuacións sobre outras e tomando as correspondentes decisións de orde orzamentaria local.
  • Incorporaremos unha visión financeira do PAL válida para o conxunto das áreas urbanas españolas e que se configure como panca ou músculo financeiro que viabilice as propostas do propio PAL.
  • Estableceremos un Sistema Básico de Indicadores de Desenvolvemento Urbano.
  • Incorporaremos -de forma dinámica- unha serie de fitos e un calendario. Un diagrama que incorpore as relacións básicas entre tarefas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión