ODS 1. Fin da pobreza (4)
- Erradicar a pobreza extrema para todas as persoas no mundo.
- Reducir (polo menos á metade) a proporción de homes, mulleres e nenos/as de todas as idades que viven na pobreza en todas as súas dimensións de acordo coas definicións nacionais.
- Garantir que todos os homes e mulleres, en particular os/as pobres e os/as vulnerables, teñan os mesmos dereitos sobre os recursos económicos, así como acceso aos servizos básicos, a propiedade e o control das terras.
- Fomentar a resiliencia dos pobres e das persoas que están en situacións vulnerables.
ODS 2. Fame cero (4)
- Poñer fin á fame e asegurar o acceso de todas as persoas a unha alimentación sa, nutritiva e suficiente durante todo o ano.
- Poñer fin a todas as formas do malnutrición e abordar as necesidades de nutrición das adolescentes, as mulleres embarazadas e lactantes e as persoas de idade.
- Duplicar a produtividade agrícola e os ingresos dos produtores de alimentos a pequena escala.
- Asegurar a sustentabilidade dos sistemas de produción de alimentos e aplicar prácticas agrícolas resilientes.
DS 3. Saúde e benestar (6)
- Reducir a taxa mundial de mortalidade materna a menos de 70 por cada 100.000 nados/as vivos/as.
- Poñer fin ás mortes evitables de recentemente nados/as e de nenos/as menores de cinco anos.
- Poñer fin ás epidemias da SIDA, (...) e combater (...) as enfermidades transmitidas pola auga e outras enfermidades transmisibles.
- Reducir á metade o número de mortes e lesións causadas por accidentes de tráfico no mundo.
- Garantir o acceso universal aos servizos de saúde sexual e reprodutiva.
- Reducir o número de mortes e enfermidades producidas por produtos químicos perigosos e a contaminación do aire, a auga e o solo.
ODS 4. Educación de calidade (7)
- Velar por que todas as nenas e todos os nenos terminen os ciclos de ensino primario e secundario, que ha de ser gratuíto, equitativo e de calidade.
- Velar por que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e a un ensino preescolar de calidade.
- Asegurar o acceso en condicións de igualdade para todos os homes e as mulleres a unha formación técnica, profesional e superior de calidade, incluído o ensino universitario.
- Aumentar o número de mozas e mozos e persoas adultas que teñen as competencias necesarias, en particular técnicas e profesionais, para acceder ao emprego, o traballo decente e o emprendemento.
- Eliminar as disparidades de xénero na educación e garantir o acceso en condicións de igualdade.
- Garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sustentable.
- Construír e adecuar instalacións escolares que respondan ás necesidades dos/as nenos/as e as persoas discapacitadas e teñan en conta as cuestións de xénero.
ODS 5. Igualdade de xénero (7)
- Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e nenas en todo o mundo.
- Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e nenas nos ámbitos público e privado.
- Eliminar todas as prácticas nocivas, o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital feminina.
- Recoñecer e valorar os coidados non remunerados e o traballo doméstico non remunerado.
- Velar pola participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis da adopción de decisións na vida política, económica e pública.
- Emprender reformas que lles outorgan ás mulleres o dereito aos recursos económicos en condicións de igualdade.
- Aprobar e fortalecer políticas acertadas e leis aplicables para promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas a todos os niveis.
ODS 6. Auga limpa e saneamento (7)
- Lograr o acceso universal e equitativo á auga potable, a un prezo alcanzable para todas e todos.
- Lograr o acceso equitativo a servizos de saneamento e hixiene.
- Mellorar a calidade da auga mediante a redución da contaminación e un aumento substancial da reciclaxe e a reutilización en condicións de seguridade.
- Aumentar a utilización eficiente dos recursos hídricos.
- Poñer en práctica a xestión integrada dos recursos hídricos a todos os niveis.
- Protexer e restablecer os ecosistemas relacionados coa auga.
- Apoiar e fortalecer a participación das comunidades locais na mellora da xestión da auga e o saneamento.
ODS 7. ENERXÍA ALCANZABLE E NON CONTAMINANTE (3)
- Garantir o acceso universal a servizos de enerxía alcanzables, confiables e modernos.
- Aumentar a porcentaxe de enerxía renovable no conxunto de fontes de enerxía.
- Duplicar a taxa mundial de mellora da eficiencia enerxética.
ODS 8. TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONÓMICO (6)
- Promover políticas orientadas ao desenvolvemento que apoien as actividades produtivas, a creación de postos de emprego decente, o emprendemento, a creatividade e a innovación.
- Lograr o emprego pleno e produtivo e garantir un traballo decente para todos os homes e mulleres. Igualdade de remuneración por traballo de igual valor.
- Reducir a proporción de mozas e mozos que non están empregadas/os e non cursan estudos nin reciben capacitación.
- Adoptar medidas inmediatas e eficaces para erradicar o traballo forzoso, poñer fin ás formas modernas de escravitude e á trata de seres humanos. Eliminar o traballo infantil.
- Protexer os dereitos laborais e promover un contorno de traballo seguro e protexido.
- Promover un turismo sustentable que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.
ODS 9. INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUTURA (3)
- Desenvolver infraestruturas fiables, sustentables, resilientes e de calidade.
- Aumentar o acceso das pemes aos servizos financeiros e a súa integración nas cadeas de valor e nos mercados.
- Aumentar o acceso ás TICs e esforzarse por facilitar un acceso universal e alcanzable a Internet.
ODS 10. REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES (5)
- Lograr e manter o crecemento dos ingresos do 40% máis pobre da poboación a unha taxa superior á media nacional.
- Potenciar e promover a inclusión social, económica e política de todas as persoas.
- Eliminación das leis, políticas e prácticas discriminatorias.
- Adoptar políticas, en especial fiscais, salariais e de protección social e lograr progresivamente unha maior igualdade.
- Facilitar a migración e a mobilidade ordenadas, seguras, regulares e responsables.
ODS 11. CIDADES E COMUNIDADES SUSTENTABLES (10)
- Acceso de todas as persoas a vivendas e servizos básicos adecuados, seguros e alcanzables e mellorar os barrios marxinais.
- Proporcionar acceso a sistemas de transporte seguros, alcanzables, accesibles e sustentables e mellorar a seguridade viaria.
- Aumentar a organización inclusiva e sustentable e a capacidade para unha planificación e xestión participativa, integrada e sustentable dos asentamentos humanos.
- Protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo.
- Reducir o número de mortes e de persoas afectadas polos desastres e reducir as perdas económicas causadas polos desastres.
- Reducir o impacto ambiental negativo per cápita das cidades.
- Proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e accesibles.
- Apoiar os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais.
- Aumentar o número de cidades e asentamentos humanos que adoptan e poñen en marcha políticas e plans integradas vinculadas ao Marco de Sendai.
- Proporcionarlles apoio aos países menos adiantados para que poidan construír edificios sustentables e resilientes utilizando materiais locais.
ODS 12. PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES (7)
- Lograr a xestión sustentable e o uso eficiente dos recursos naturais.
- Reducir á metade o desperdicio mundial de alimentos per cápita.
- Lograr a xestión ecoloxicamente racional dos produtos químicos e de todos os refugallos ao longo do seu ciclo de vida.
- Diminuír de maneira substancial a xeración de refugallos mediante políticas de prevención, redución, reciclaxe e reutilización.
- Promover prácticas de contratación pública que sexan sustentables.
- Velar por que as persoas teñan información e coñecementos pertinentes para o desenvolvemento sustentable e os estilos de vida en harmonía coa natureza.
- Elaborar e aplicar instrumentos que permitan seguir de preto os efectos no desenvolvemento con miras a lograr un turismo sustentable que cree postos de traballo e promova a cultura os produtos locais.
ODS 13. ACCIÓN POLO CLIMA (3)
- Fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación aos riscos relacionados co clima e os desastres naturais.
- Mellorar a educación, a sensibilización e a capacidade humana e institucional na relación coa mitigación do cambio climático.
- Promover mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e xestión eficaces en relación co cambio climático.
ODS 14. VIDA SUBMARINA (4)
- Previr e reducir a contaminación mariña de todo tipo.
- Xestionar e protexer de maneira sustentable os ecosistemas mariños e costeiros.
- Conservar polo menos o 10% das zonas costeiras e mariñas.
- Facilitar o acceso dos pescadores artesanais en pequena escala aos recursos mariños e aos mercados.
ODS 15. VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES (5)
- Velar pola conservación, o restablecemento e o uso sustentable dos ecosistemas terrestres e os ecosistemas interiores de auga doce e os servizos que proporcionan.
- Promover a xestión sustentable de todos os tipos de bosques, recuperar os bosques degradados e incrementar a forestación e a reforestación.
- Adoptar medidas para reducir a degradación dos hábitats naturais, deter a perda da diversidade biolóxica e protexer as especies ameazadas e evitar a súa extinción.
- Integrar os valores dos ecosistemas e a diversidade biolóxica na planificación nacional e local, os procesos de desenvolvemento e as estratexias de redución da pobreza.
- Mobilizar recursos procedentes de todas as fontes e a todos os niveis para financiar a xestión forestal sustentable.
ODS 16. PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS (5)
- Reducir todas formas de violencia e as taxas de mortalidade conexas.
- Reducir substancialmente a corrupción e o suborno en todas as súas formas.
- Crear institucións eficaces, responsables e transparentes.
- Garantir a adopción de decisións inclusivas, participativas e representativas.
- Garantir o acceso público á información e protexer as liberdades fundamentais.
ODS 17. ALIANZAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS (6)
- Fortalecer a mobilización de recursos co fin de mellorar a capacidade nacional para recadar ingresos fiscais e doutra índole.
- Mellorar a coherencia normativa para o desenvolvemento sustentable.
- Fortalecer a alianza mundial para o desenvolvemento sustentable co fin de apoiar o logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable en todos os países.
- Alentar e promover a constitución de alianzas eficaces nas esferas públicas, público-privada e da sociedade civil.
- Aumentar de forma significativa a dispoñibilidade de datos oportunos, fiables e de alta calidade.
- Elaborar indicadores que permitan medir progresos logrados en materia de desenvolvemento sustentable.