Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Distritos e orzamentos participativos

Imaxe

Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu concello.

A cidadanía propón proxectos de investimento que son preseleccionados nunha fase de apoios cidadá, despois son avaliados polo persoal técnico do concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. Os proxectos máis votados pola cidadanía pasan a formar parte do proxecto inicial do orzamento xeral do ano seguinte.

Neste proceso poden participar todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos que poderán propoñer, apoiar e votar propostas.

Deberán facelo a través do portal web municipal de Orzamentos Participativos, e será necesaria a verificación dunha conta de persoa usuaria que requirirá os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, número de DNI, código postal, un enderezo de correo electrónico e un teléfono (este dato non é obrigatorio).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión