Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Historias de regalo 2020

Nadal 2020

Se estás pensando en regalar un libro, un cedé, unha película... non perdas a escolma que temos que preparada. 

As bibliotecarias e os bibliotecarias das túas bibliotecas queremos axudarche a elixir o mellor regalo de nadal para as persoas que queiras. A selección Historias de regalo 2020 está clasificada por tramos de idade e outras áreas de interese (LGTB e feminismos, cómic, para mirar e reler, etc) e abrangue materiais publicados nos últimos dous anos (2019 e 2020).

Bota un ollo á guía ou pásate pola túa biblioteca para descubrir estes e outros materiais. Despois merca os que máis che gusten nunha libraría local.

As suxestións que che facemos están clasificadas en:

  • tramos de idade:
    • de 0 a 2 anos,
    • de 3 a 5 anos,
    • de 6 a 8 anos,
    • de 9 a 11 anos,
    • de 12 a 14 anos,
    • mocidade e persoas adultas,
  • cómic:
    • cómic infantil,
    • cómic adulto,
  • libros para ver (libros ilustrados que te van sorprender),
  • para ver e escoitar (música e cine),
  • LGTB e feminismos (diversidades sexuais e de xénero e muller),
  • biblioteca verde,
  • voces poéticas, e
  • Cousas da Coruña, que recolle información do paso do gordo de Nadal pola cidade, e que está documentado na Biblioteca de Estudos Locais.

Como ves, a guía preséntase completa e hai recomendacións para todas as persoas e para todos os gustos. 

A non perder!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión