Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Negra e criminal

A Biblioteca Infantil e Xuvenil súmase á celebración do Día das Escritoras coa campaña "Negra e criminal"

Súmamonos á iniciativa lanzada pola Biblioteca Nacional de España polo #DíadasEscritoras coa mostra "Negra e criminal" que acolle moitos dos títulos que atoparedes na nosa guía de lectura que leva o mismo nome e que tedes dispoñible desde xa na plataforma Calameo.

A iniciativa, que organiza a Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, ten como obxetivo reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Por iso a selección de títulos que fixemos nesta guía farán que sintas o pracer de participar dunha investigación na que as mulleres teñen un protagonismo moi especial. Xa que se ata o século XX a paternidade e a escritura da literatura policiaca e de misterio estaba nas mans de homes, a época dourada do xénero ven da man de creadoras que souberon compoñer grandes tramas e misterios, e mesmo comezaron a ter papeles protagonistas ben recoñecidos por todos.

As historias que seleccionamos nesta guía son unha mostra das obras das autoras consideradas as grandes damas do crime, mais tamén recomendamos a novos talentos que non te deixarán indiferente. Segue as pistas, capítulo a capítulo, e acompáñanos na procura das asasinas ou dos asasinos!

Así que xa sabes ven á biblioteca e sumérxete no mundo de "Negra e criminal": títulos misteriosos de mulleres máis que misteriosas ...

Lembra que podes descargar a guía na plataforma Calameo e consultar a dispoñibilidade dos materiais no catálogo.

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión