Xuvenil, persoas adultas
Dende o 01/04/2014
Tel.: 981 184 384
Queres saber ...
En que consisten estas actividades?
Alfabetización para persoas adultas - Biblioteca Ágora
Dúas liñas de traballo: unha en colaboración con Cáritas na que se busca frear a deterioración memorística e cognitiva das persoas maiores, mellorar a súa propia estima, socialización e participación social e outra en colaboración cos servizos sociais do Concello destinada ás persoas preceptoras da Renda de Inserción Social (RISGA), novas e sen ningunha formación para favorecer a súa inclusión social e laboral.
Lectura en voz alta - Biblioteca Ágora
Hai persoas que teñen dificultades no acceso á lectura por diversas razóns: pouca ou nula escolarización, mala comprensión de textos, alfabetización noutra lingua...
Trátase de manter reunións para a lectura e análise de textos sinxelos que propicien unha progresiva mellora na súa compresión, a perda do medo á lectura doutros textos máis complexos e a mellora na expresión oral e escrita.
Máis informaciónEn que consisten os cursos de base de datos lexislativa Aranzadi?
Cursos dirixidos á familiarización co funcionamento da base de datos lexislativa Aranzadi e os servizos que ofrece. Aranzadi é unha base de datos de lexislación, xurisprudencia e bibliografía española a texto completo da editorial Aranzadi.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible