Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Club de teatro lido

Tipo de actividade:

Clubs. Obradoiros

A quen vai dirixido?:

Público adulto

Require inscrición

En que consiste o club de teatro lido?

O club de teatro lido é un grupo de persoas que se reúne semanalmente na biblioteca Sagrada Familia para traballar arredor do teatro lido. Partimos de textos, non necesariamente dramáticos, de todos os estilos e tempos, tanto en galego como en castelán, para mediante xogos e técnicas de expresión oral, realizar unha montaxe que se representa ao final do curso.

En grupo trabállanse os textos, dáselle forma dramática se non a teñen, analízanse os personaxes, búscase un fío condutor que enlace todos eles e, finalmente, intégranse con música e audiovisuais, para lograr o espectáculo final.

Ademais de mellorar a lectura e expresión en público, tamén se aprenden métodos de interpretación, non só oral, senón tamén corporal. E todo dun xeito divertido e adaptado a cada participante.

Onde e cando

Biblioteca Día Hora
Biblioteca Sagrada Familia Luns 19.30 horas

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión