Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O Pensatorio - Café filosófico

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Quincenal

En que consiste O Pensatorio - Café filosófico?

O Pensatorio pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas sobre o mundo que nos rodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, que se basea no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.

A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios etc.), que nos servirán de eixo temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.

Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e gana de cuestionarse as cousas.

Como participar?

  • Consulta na Biblioteca dos Rosales se quedan prazas dispoñibles.

Onde e cando

Biblioteca Día Hora Periodicidade Prazas
Biblioteca Os Rosales Mércores 18.30 h Quincenal 12
Mércores 18.30 h Quincenal 12

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión