Encontros e presentacións
Familias, Infantil
De 8 a 12 anos
Familias
11/05/2021
Xa rematou
Dende o 04/05/2021 ata o 11/05/2021
de 18.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
Novo encontro para pais, nais, fillas e fillos. Tentaremos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a Biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
A estimulación mental achega grandes beneficios a todas as idades e promove a creatividade. Neste obradoiro, a cargo de Neuromotiva, crearemos un espazo divertido e novo para adestrar a atención e o cálculo de todos os membros da familia, iniciándonos no manexo do ábaco xaponés ou soroban, estimulando as tres canles de aprendizaxe do noso cerebro. Aprenderemos a historia do ábaco, os movementos básicos para adestrar a atención, a memoria e o cálculo, cunha metodoloxía activa, participativa e moi motivadora. Este obradoiro práctico permite a pais, nais e fillos e fillas a manipulación directa do ábaco para unha mellor comprensión da actividade.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. É imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.
Agardámosvos!
Medidas COVID
Queres saber ...
En que consisten os Encontros para familias?
Estes encontros son sesións que buscan ofrecer aos pais e ás nais un espazo de formación, reflexión e diversión en compañía dos seus fillos e fillas. Tentan achegar un enfoque ameno e sinxelo a diversos temas de interese no ámbito familiar, sen renunciar ao humor e poñendo en valor a experiencia conxunta de maiores e pequenas/os nunha mesma actividade.
De periodicidade mensual, cada encontro tratará un tema distinto que consideramos de utilidade práctica na vida familiar. Os ámbitos temáticos xirarán en torno ao mundo da ciencia, as artes, as humanidades, a saúde, o benestar e o mundo do libro e a literatura.
Contaremos coa presenza de persoas expertas que nos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre estes temas e o personal da biblioteca encargarase dos encontros relacionados co universo literario.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible