Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

As bibliotecarias contan: El pequeño rey de las flores

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

Cando:

24/07/2020

Xa rematou

Inscricións:

Actividade en liña, acceso dende as distintas redes sociais: twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan

Horario:

Ás 11.00 horas

Hashtag:

##asbibliotecariascontan

As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

Un pequeno rei planta bulbos por todo o seu xardín. Cando as fermosas flores inundan todo sinte que é feliz pero que aínda podería selo máis. Algo lle falta e pronto se dá conta de que é...

Non vos perdades a historia de El pequeño rey de las flores, un conto da pintora, escultora e ilustradora checa Kvêta Pacovská e publicado na editorial Kókinos.

A cita será todos os venres ás 11:00 no Instagram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna e na nosas redes sociais twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan

+ info no blog das salas infantis.

Queres saber ...

  • As bibliotecarias contan...

    ¿En que consisten As bibliotecarias contan...?

    #AsBibliotecariasContan é unha iniciativa que nace en tempos de confinamento pola crise do covid19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa as historias dos contos de pantalla a pantalla.

    Todos os venres ás 11.00 horas no noso Instagram

    Deste modo, a pesar de que as actividades aínda non poden desenvolverse nas bibliotecas, seguimos gozando de fermosos contos, na modalidade virtual pero coa mesma dedicación, emoción, agarimo e coidado que poñen as nosas bibliotecarias das salas infantís.

    + info no blogue das salas infantís.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión