Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

CantoConto!: Sesión final

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 2 a 3 anos

Cando:

28/05/2020

Xa rematou

Horario:

18.00 horas

Enderezo:

Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Páxina web:

A pitiña invítavos a esta sesión especial

Contacto:

Para celebrar a Festa final de CantoConto!, aínda que sexa na distancia, temos unha sorpresa preparada cunha invitada especial que xa ten estado en persoa nas nosas salas, Bea Campos de Migallas Teatro.

Chegou o día da festa final de CantoConto! e dado que nas bibliotecas aínda non podemos celebrar activades debido á crise do Covid, decidimos levarvos a nosa última sesión as vosas casas a través dos nosos espazos virtuais.

O 28 de maio ás 18.00 h podedes atopar a sesión completa no blog de Salas Infantís  que temos nas Bibliotecas Municipais da Coruña, onde Bea Campos de Migallas Teatro nos vai deleitar cos seus contos. Tamén poderedes ver os vídeos na nosa canle de YouTube e de IGTV do noso Instagram.

Queres saber ...

  • CantoConto!

    En que consiste CantoConto!?

    Programa de animación á lectura dirixido a familias con crianzas de 2 e 3 anos no que achegaremos os libros e a música dunha maneira atractiva e lúdica. Compartiremos contos, cancións, ladaíñas, poesías,... para  iniciar o camiño do hábito lector.

    Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. Unha mesma persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións por sesión.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión