Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Clubs
Persoas adultas
24/02/2020
Este evento xa rematou
Dende o 17/02/2020 ata o 24/02/2020
Luns, ás 10.30h
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Únete ao club de lectura da Biblioteca Sagrada Familia!
Os libros prestámoschos nós, ti só tes que poñer as ganas de ler, de facer amizades e intercambiar opinións.
As reunións son todos os luns, de 10.30 a 12h.
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a venres, de mañá ou de tarde
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible