Outras actividades
Infantil, Familias
De 3 a 12 anos
Familias
Dende o 24/02/2020 ás 12:00 ata o 26/02/2020 ás 18:00 , os luns e mércores
Xa rematou
Luns 24 ou mércores 26, ás 12.00 h. ou ás 18.00 h.
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981184389
Neste Entroido sumámonos ao proxecto de alimentación saudable do CEIP Emilia Pardo Bazán cunha mostra de libros, contos e historias moi apetitosa.
O luns 24 ou mércores 26, ás 12h. ou ás 18h. tes unha reserva no restaurante literario da Biblioteca Os Rosales.
As bibliotecarias cociñeiras elaboraremos un menú composto por contos que consta de:
1º PRATO: Ramallete de Vitaminas ao baño maría
2º PRATO: Receita da avoa da mellor sopa do mundo
SOBREMESA: Soufflé de Golosina y Perrozoso.
A entrada é libre ata completar a capacidade. Esperámosvos!
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible