Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Dia das Escritoras

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

Dende o 05/10/2018 ata o 16/10/2018

Xa rematou

Enderezo:

Servizo Municipal de Bibliotecas. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

Celebramos o Día das Escritoras

O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

As Bibliotecas Municipais da Coruña sumámonos á iniciativa homenaxeando a aquelas mulleres das letras que merecen unha especial mención.

Destacaremos cada día a unha escritora galega na nosa páxina de Facebook, e recomendaremos os seus libros na nosa conta de Instagram. Pero ademais, xuntaremos esforzos para dedicar publicacións nos nosos blogs temáticos sobre:

  • Mulleres no mundo do cómic
  • Escritoras que destacan polo seu labor reivindicativo dos dereitos do colectivo LGTBI
  • Unha selección das mulleres máis destacadas do panorama nacional e internacional deste século XXI

Exeria está considerada a primeira muller escritora de toda a Hispania romana e din que era galega. Pero a quen todo o mundo coñece é a Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, que son quizais as escritoras galegas máis importantes do s.XIX. Publicar naquela época, e máis para unha muller, era unha auténtica xesta. Por aquel momento as mulleres eran 6 veces máis analfabetas que os homes e as escritoras que chegaban a superar a censura para publicar debían facelo cun pseudónimo a maior parte das veces.

Quixemos destacar os nomes daquelas mulleres cuxa obra literaria podedes atopar entre os fondos das nosas bibliotecas, pero somos moi conscientes de que a lista está viva e debe seguir ampliándose, polo que iremos aumentándoa coas vosas propostas.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión