Encontros e presentacións, Charlas e debates
Docente/Centro escolar
Os días 18/01/2022 ás 16:30 , 20/01/2022 ás 10:50 , 21/01/2022 ás 10:30 , 25/01/2022 ás 16:30 , 28/01/2022 ás 10:30
Xa rematou
Actividade pechada para centros educativos de educación secundaria.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Celebramos dez anos sumando cultura no barrio a través do programa Libros Vivintes
O obxectivo do programa Libros Viventes é compartir historias de vida, coñecementos e intereses co alumnado dos centros de secundaria da nosa contorna, a partir dos cales reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal da mocidade dentro e fóra das aulas. Deste xeito, preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería ter compartido.
Nesta ocasión, e con motivo de celebrar o 10º Aniversario da Biblioteca Municipal Ágora, recuperamos doce libros viventes que pasaron pola biblioteca nesta década de traballo coa autoestima, o respecto e a cohesión social. Unha nova oportunidade para festexar o diálogo sumando cultura no barrio.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible