Talleres
Infantil
De 8 a 12 anos
13/10/2026
Xa rematou
Dende o 06/10/2026 ata o 12/10/2026
Require inscrición
Das 17.30 ás 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Baixo. 15007 A Coruña
Teléf.: 981 184 392
Descubre a maxia da fotografía antiga! Se tes entre 8 e 12 anos, anímate a organizar as túas propias creacións artísticas nun obradoiro único onde a luz do sol e a cor azul prusiana serán as grandes protagonistas.
Gústache experimentar e crear cousas novas? Propoñémosche un obradoiro de cianotipias pensado especialmente para nenos e nenas de 8 a 12 anos.
A cianotipia é un fascinante procedemento fotográfico antigo -inventado polo científico Sir John Herschel en 1842 e popularizado pola botánica Anna Atkins en 1843- que nos permite capturar imaxes sen usar cámaras. Utilizaremos papel de acuarela impregnado con produtos químicos sensibles á luz e, sobre el, colocaremos elementos da natureza como follas e flores, obxectos cotiáns ou negativos fotográficos.
Ao expoñer todo directamente ao sol, as siluetas revelaranse nun marabilloso e intenso ton azul prusiano. Ademais do papel tradicional, aprenderemos que este proceso creativo se pode levar a cabo noutras superficies porosas.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible