Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Sés en concerto polo Día das Bibliotecas

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

24/10/2021

Xa rematou

Inscricións:

Require ter o carné das bibliotecas e retirar a entrada en calquera das sucursais da Rede a partir do xoves 21 ás 9h na xornada de mañá e das 16h na de tarde.

Horario:

de 19 a 20.30h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

##concertoses #concertodiabibllioteca #concertobibliotecascoruña #ses #concerto #musicagalega

As Biblioteca Municipais celebramos o Día Internacional da Biblioteca cun concerto gratuíto da artista coruñesa Sés.

A cantautora coruñesa actuará no auditorio do centro Ágora coa banda completa o vindeiro domingo 24 de outubro ás 19.00h, exclusivamente para socias e socios das bibliotecas municipais, que necesitarán retirar a súa entrada en calquera das bibliotecas da Rede a partir do xoves 21 ás 9h na xornada de mañá e das 16h na de tarde.

Sés é unha artista comprometida coa protección do patrimonio cultural local. Considerada como a revolución da escena musical galega, cunha traxectoria ascendente motivada non só polo seu discurso valente, novo e contundente, senón sobre todo por una proposta musical caracterizada por un estilo orixinal e xenuíno no que rock and roll, tradición oral galega, canción de autor e unha actitude punk e reivindicativa que lle permite unha permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios.

Convites

O reparto de convites será nas propias bibliotecas desde a mañá do xoves 21, e unicamente haberá que amosar o carné de socio ou socia para poder levar ata dúas invitacións por persoa. As entradas distribuiranse ata completar a capacidade máxima do auditorio.

A apertura de portas será a partir das 18.30h e unha vez comezada a actuación non será posible o acceso.

Normas do Auditorio

  • Pídese puntualidade.

  • Unha vez que comece a función non se permitirá acceder á sala.

  • Por motivos de seguridade de evacuación, non está permitido entrar con carros nin cadeiras de bebés.

  • Diante do escenario existe unha zona habilitada para persoas en cadeiras de rodas.

  • Non se pode acceder con comida nin bebida (agás auga).

  • Prégase seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

  • Dende o momento do acceso ao recinto e por suposto durante todo o espectáculo a máscara debe cubrir boca e nariz.

  • Nos espectáculos teatrais e musicais quedan reservados dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo polo que non está permitido gravar xa sexa imaxe ou son do mesmo, así como realizar fotografías.

  • Unha vez finalizado o acto pregamos permanecer nos seus asentos para seguir as indicacións do persoal de sala e poder desaloxar de forma ordenada e gardando as distancias.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión