Talleres
Infantil
De 3 a 9 anos
27/10/2016
Xa rematou
Dende o 20/10/2016 ata o 27/10/2016
De 18.30 a 19.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.es
981184298
Obradoiro relacionado coa Mostra de Filosofía e Pensamento Crítico
Os xogos, os contos, a pintura,...pódennos axudar a mellorar as nosas habilidades de pensamento: comparar, contrastar, observar atentamente, formular hipóteses, crear e interpretar analoxías, imaxinar,...
Empregando como ferramenta o diálogo e dende unha formulación lúdica crearemos unha pequena comunidade de investigación acolledora e respectuosa na que todas e todos xogaremos a pensar.
Facilitación do diálogo a cargo de Mar Santiago e Javier F. Rouco.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible