Son moi numerosos os traballos académicos que falan sobre a importancia de que as bibliotecas públicas poñan a disposición do público materiais que visibilicen as opcións sexuais non heteronormativas, ou LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais), para, por un lado, contribuír á súa normalización e, polo outro, loitar contra a LGTBIfobia brindando a oportunidade de achegarse a esta temática ao público que, a priori, poida ser reacio.
As municipais entenden
As bibliotecas propuxémonos, no ano 2012, impulsar a presencia de materiais LGTBI e, ao tempo, darlle un tratamento especial aos materiais dos que xa dispoñíamos. Estes materiais reúnense seguindo varios criterios:
En definitiva, destacar o que Gonzalo Hermo denomina "escrita queer" que é aquela que pretende desestabilizar o discurso heteropatriarcal.
O blog e club de lectura LGTB
A iniciativa abarca todo o traballo puramente bibliotecario (desde a selección dos fondos ata a súa adquisición e posta a disposición do público), pero tamén todo aqueloutro de difusión dos materiais e organización de actividades vinculadas, como a posta en marcha do que é o primeiro club de lectura LGTB de Galicia, o #QUEERuña que conta, ademais, cun blog para a difusión dos encontros e dos materiais que len e comparten.
Os materiais LGTB
No catálogo en liña podes recuperar todos estes materiais lanzando unha busca coas siglas "LGTB". Combinando este termo con outros coma "homosexualidade" ou "lesbianismo" podes perfilar aínda máis os resultados. Se che interesa filtrar por formato, combínao con termos coma "novelas", "cómics", "dicionarios", "contos", "guías", etc.
Unha aposta decidida
...que vai máis aló dos materiais. Tamén está presente na facilitación de trámites que ás veces non son ou foron doados, coma o cambio de nome e/ou xénero que se pode efectuar con facilitade cubrindo, asinando e entregando unha solicitude en calquera das nosas bibliotecas (se es menor de 16 anos, terán que asinala tamén as persoas que teñan a titoría legal).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible